top of page

Visitamos Meteogalicia!!

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º de ESO tivemos a sorte de poder visitar as instalacións de Meteogalicia.


Ás 08.00 estabamos xa no Colexio, e quince minutos despois marchamos cara Santiago.

Que nervios!!


Tras 3 anos facendo o Proxecto Meteoescolas "Ventares e Zoares", hoxe poderiamos visitar o lugar onde comezou todo.


-"Imos á sede central"- Dicían moitos. O certo é que a sensación era esa, a de visitar o centro neurálxico e poder coñecer de primeira man o traballo dos verdadeiros expertos.


Así, cheos de admiración e de curiosidade, comezamos a nosa visita.


O lanzamento dunha radiosondaxe foi a primeira actividade. E quedamos abraíados!

Logo, comprobamos como se fai unha predicción meteorolóxica en directo para a radio. Que rapidez! Iso si que é axilidade mental! Dunha localidade a outra, predicción tras predicción!!


Despois, nubes, choiva, vento e outros meteoros foron o noso tema de conversación, coa que aprendimos moitas cousas, e comprobamos os nosos coñecementos sobre a materia ao tempo que adquirimos novos hábitos de comportamento. Si si, trala charla, todos os alí presentes xuntamos as pernas inconscientemente cada vez que escoitamos un trono ao saber que o que pasa coas vaquiñas. Pobres!


A visita resultounos moi agradable e didáctica, e quedamos encantados e orgullosos de poder facer unha modesta contribución a Meteogalicia co noso proxecto.


Moitas grazas por invitarnos, e un saúdo agarimoso de parte de todos os que formamos parte de Ventares e Zoares!


Arquivo
bottom of page