top of page

O experto opina.

Como xa estaba previsto, o día 30 de maio celebramos no noso Centro a Conferencia “ Navegando por clima extremos.”

Nela tivemos o gran privilexio de contar como poñentes a D. Pablo Fernández, capitán do Buque oceanográfico “Sarmiento de Gamboa” e a D. Juan Villar, técnico da Unidade de Tecnoloxía Mariña (UTM) do CSIC.


Ámbolos dous amosáronnos o seu quefacer nas continuas expedicións que realizan durante o ano, confirmándonos que, para acometer con éxito os traballos científicos, deben conxuntarse unha rigorosa planificación e unha minuciosa predición meteorolóxica.


Con relación á meteoroloxía puidemos ver algunha fotos das condicións extremas ás que se enfrontan. Que medo pensamos todos!!

Pero , como dicía o capitán, eses momentos de tensión valen a pena se pensamos en que non todo o mundo pode visitar e pisar a Antártida e observar os maxestosos icebergs, os pingüíns e ... osos polares, aínda que se o pensamos, destes últimos non nos dixo nada.


Como nos invitou a visitar o buque oceanográfico aproveitaremos a ocasión para preguntarlle por eles.


Despois de tan apaixonante charla, chegaron as nosas preguntas. Todos quixemos preguntar!!!!


Por todo, dámoslle as grazas polo tempo que nos adicaron e a súa presenza no noso Centro e esperamos volver a velos en próximas visitas.








Arquivo
bottom of page