top of page

Os climas "Celta"

Pois si.


Este ano decidimos estudar os climas dende "Ventares". Así, tras explicar climas e subclimas na clase, os alumnos de 1º de ESO puxéronse a proba a si mesmos. Como? Dun xeito inédito, nunca visto, pero que os emocionou dende o principio.


Como todos son "moi de fútbol", aceptaron facer o seguinte: Estudarían os climas das ciudades de todos os equipos de octavos da Copa do Rei. E como lles parecía pouco, decidiron escoller un equipo e facer unha análise dos países do seu "once titular".

E claro! O equipo a escoller, vivindo onde vivimos, non podía ser outro que o R.C. Celta de Vigo.









Repartidas as tarefas, todos comezaron a traballar. E a que bo ritmo! Mirade todo o que fixeron en 2 clases!!


Uns facían letras para darlle nome ao mural...

Outros, buscan a información sobre o clima e subclima da cidade ou país, dependendo se era equipo ou xogador.

Todo tiña que quedar ben preparado e curioso. Ata o detalle máis pequeno das camisetas dos equipos debía estar perfecto! Escudo incluído!!

As camisetas, non só amosan o equipo, senón que pola volta dan información climática.


E o mesmo as dos xogadores!

Quedaba aínda o máis difícil, o mural. Os alumnos tiñan que debuxar o contorno da Península Ibérica e establecer o límite de España, Portugal e Francia, para logo ubicar as cidades españolas no seu interior. Todos axudaron, porque non era doado!


Ao mesmo tempo, colocaban as camisetas na ubicación das cidades...

E o resultado foi...

ESPECTACULAAAAAR!!!

Uns verdadeiros campións!!!

Felicidades a todos por un magnífico traballo!! Sodes o mellor dos equipos!!


Arquivo
bottom of page