Chega o Entroido!
Si si, este venres temos a festa de Entroido no Centro.
Xa andamos todos un pouco nerviosos e revoltos cos disfraces ás voltas.
Sabemos que o tempo vai a acompañar, pois non se esperan chuvias en toda a semana, así que todos estamos moi contentos.
E como non podía ser doutra forma, Refachiños xa está disposto para unirse á festa!
Non perde unha! Mirade!
Anda escollendo o seu disfrace. De feito, xa estivo facendo probas!
Dubida entre ser todo un chef...
Ou un disfrace máis tradicional, como os do Entroido de Venecia...
Cal vos parece que lle queda mellor?
O venres, amosámosvos a súa elección.
Aburiño!!