Micro relatos!
Pois si!
Estamos intentando ser escritores de micro relatos e hoxe, a partir dos seguintes ítems “chuvia, illamento, morriña e soidade”, a nosa profesora de Lingua galega propúxonos compoñer un micro relato.
Aquí tedes unhas pincelas dalgún deles, esperamos que vos gusten e que vos pique a curiosidade para querer lelos integramente.
“…Chegou a un anaco de terra rodeado polo océano, estaba nunha illa. Estaba illado, tiña moito frío, non sabía onde se atopaba e comezou a nevar……”
“...O seus satélites convencéranlles que a tormenta pasara,pero a medida que se asomaba a tarde non estaban moi convencidos...” ( A gran tormenta).
“…pasamos 15 días aterradores porque sentiamos frío e medo ante o descoñecido, a sorte non nos axudou moito, no 6 dia unha das nosas compañeiras torceuse o nocelo…” (Un, dos, tres e acción)
“…A tormenta seguía, os lóstregos non cesaban, decidín irme a durmir co recordo da miña avoa na cabeza…” (Unha noite de tormenta en xuño).
Aburiño!!