top of page

Menudo temporal!

Hoxe chegou ás nosas costas un temporal de vento e choiva moi moi forte.


As prediccións daban ventos de 100 km/h, e de máis tamén!


E as ondas... Xigantes! Aquí nas Rías Baixas, din que poden acadar os 8 metros de altura en Cabo Silleiro, e por Cabo Vilán 11 metros.


Como dixeron que o temporal ía durar hoxe xoves, mañá e pasado, puxémonos todos mans á obra para preparar a Refachiños para o temporal.


Que de refachos sabe un rato, pero o da chuvia o leva un pouco mal.


Así, tras 2 horas de traballo dos nosos alumnos, deixamos protexido ao noso porquiño para o venres e para todo a fin de semana.


Mirade!!


Velaquí está Refachiños listo para loitar contra o temporal!!


Xa vos diremos se lle aguantou o chuvasqueiro moito tempo.

Aburiño!!


Arquivo
bottom of page