top of page
Buscar

Frío siberiano en Valadares

  • Foto del escritor: Ventares Zoares
    Ventares Zoares
  • 19 ene 2017
  • 1 Min. de lectura

Pois si.


Nós non íamos ser menos!! Que toda España salvo as Canarias está inmersa nun temporal de frío de Siberia, nós tamén.


Non tivemos -9 grados como nalgunhas zonas de Lugo, pero iso si, acadamos a nosa temperatura máis baixa dende que comezamos hai tres anos o Proxecto de Ventares.


Non é unha temperatura fría que estableza o récord de Galicia, pero a nós semellounos dabondo fresquiña.


Queredes saber cal foi?


Pois nada máis e nada menos que...


-0,5 baixo cero!! Mirade que xeada!! Cheos de carazo estaban pola mañancina os campos!!


Pedaciños de xeo parecían tamén os alumnos á volta de facer a medición!!


A ver se a superamos no que queda de semana.


Aburiño!!




 
 
 
Arquivo

2016 - 2017 Ventares e Zoares. O tempo en Valadares

bottom of page