top of page

Entrega do premio de novembro

  • Foto del escritor: Ventares Zoares
    Ventares Zoares
  • 12 dic 2016
  • 1 Min. de lectura

Hoxe, fixemos entrega do premio ao vencedor da foto do mes de novembro, da actividade "Un ano en fotos".


Foi unha entrega moi especial, porque a nosa "madriña de cerimonias" foi a alumna de 4º de ESO Paula Acero, unha das vencedoras absolutas da actividade "Un ano en fotos" do ano pasado.


Paula estivo encantada de colaborar connosco, e o vencedor, Carlos, encantadísimo co premio!!

Non lle daba chegado o intre do recreo para tomar as gominolas!!


Moitas grazas pola vosa disposición para colaborar rapaces, da gusto poder contar sempre con vós.

Bo traballo, e a seguir así!


 
 
 

Comentarios


Arquivo

2016 - 2017 Ventares e Zoares. O tempo en Valadares

bottom of page