Refachiños... Xa está aquí!
Hoxe é un día moi especial. Por fin temos entre nós a...
Refachiños!!
Mirade que bonitiño eh!
O luns 14 de novembro o presentamos aos alumnos de Educación Infantil do noso Centro.
Que contentos estaban con el!!
E como Refachiños non ten familia, os nenos de 3 anos ofrecéronse a coidalo.
Como? Pois estando pendentes do tempo, e vestindo a Refachiños da forma máis apropiada en función da situación meteorolóxica.
Así, os nosos alumnos de 3 anos comezan a súa andaina no campo da meteoroloxía, pois cada mañá ao chegar á clase deben dar aos compañeiros o "parte do tempo", que se frío, que se calor, que se chove, que se vai sol...
E entre todos escollen como vestir a Refachiños en función da predicción.
Mirade que ben o pasaron vestíndoo o primeiro día!!
E é que , entre todos, coidaremos de Refachiños!!
De paso, visitaron tamén a estación meteorolóxica. E ben atentos que estaban a todo!! O anemómetro andaba a mil cos seus súper sopridos!!
E para rematar, pegatinas de Ventares e Zoares para todos.
Se queredes ver máis fotos do xenial que o pasaron os nenos, podedes facelo no blog das mestras de Infantil.
Esta é a ligazón:
Moitas grazas pola vosa visita rapaces!!