Buscar
Facendo tempo
- Ventares Zoares
- 16 nov 2016
- 1 Min. de lectura
Pois si, hoxe os nosos alumnos de 2º de ESO estiveron "facendo tempo" na clase de Xeografía e Historia.

O labor semellaba doado, pero ao final para algúns non o foi tanto.
Iso sí, participamos todos!! Mirade!!
O certo é que foi moi divertido. Moitos non podían coa risa!!
O resultado foi fantástico. Quedamos todos orgullosos cos nosos debuxos.

E algúns, quedaron tamén moi favorecidos. Pero que guapo!! Nin un actor de cine!!

E ao final, todos contentos por un traballo ben feito, necesario e indispensable para completar os nosos paneis do tempo.


Fenomenal rapaces!! Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Comments