Anotamos... O tempo
Todos os días, e máis concretamente nos 5 primeiros minutos ao inicio das catro primeiras clases, os nosos alumnos da ESO anotan nas fichas de seguimento a situación atmosférica.
Deste xeito, facemos medicións ás 08.45, 09.50, 10.40 e 11.30.
Como o fan?
Ás 08.45 vai 4º de ESO, encargados de medir a temperatura (máxima, mínima e instantánea), a cantidade de precipitacións recollidas polo pluviómetro e a humidade relativa.
Na seguinte hora, ás 09.50, os alumnos de 3º de ESO anotan a temperatura instantánea e realizan unha observación das nubes para identificar o seu tipo, recollendo na ficha toda a información.
Ás 10.40, alumnos de 2º de ESO rexistran a temperatura instantánea, e ás 11.30 os alumnos de 1º de ESO, como observamos na foto, de novo anotan a temperatura instantánea.
Todo moi serio eh!
En cada anotación, queda rexistrado o nome do alumno ou alumnos que realizou a medición, pois todos somos responsables do noso traballo.
Por último, ás 13.40, os alumnos de 3º de ESO empregan o anemómetro para recoller a velocidade do vento, dato que é tamén anotado na ficha do día.
Como vedes, temos "todo controlado".
Que gran traballo!! E que profesional!!
Seguide así!!