top of page

Primeiros premios de "Un ano en fotos"

  • 8 nov 2016
  • 1 min de lectura

Menudo día de premios!!


Comezamos a clase cunha entrega de premios moi moi especial.


Carlos Fraga, alumno de 3º de ESO, gañador da foto do mes de xullo, agosto e setembro (si, foi o mesmo!) recibiu o premio de mans de Andrés Campo, o alumno que o curso anterior máis premios gañara nesta actividade e que agora está en 4º de ESO.


Tras este emotivo intre, tivo lugar a selección por parte da clase da foto gañadora do mes de outubro. Todos a votar!!

  • IMG_0358
  • IMG_0359

A verdade é que non foi nada doado. Todas eran tan bonitiñas!!

Mirade!!

  • carlos 2

As nosas colaboradoras no reconto dos votos non daban feito... Tantas fotos para votar!!

  • IMG_0353
  • IMG_0355
  • IMG_0357

Ao final, houbo empate. Era visto!! Imposible decidirse entre dúas fotos tan impresionantes!!

Estas son as gañadoras do mes de outubro.

E como non podía ser doutro xeito... O premio, compartido!! Entre Anxo e Carlos.

Que privilexio ter un premio de outubro con tanta participación e de tan alto nivel!!



Grazas curso de 3º!! Ben feito!!


 
 
 

Comentarios


Arquivo

2016 - 2017 Ventares e Zoares. O tempo en Valadares

bottom of page