Medindo o noso vento
Neste mes de novembro, un dos protagonistas do noso Proxecto será o vento.
O 14 de novembro de 1915 Ramón Cabanillas publicaba "Vento mareiro", unha das obras que lle deu máis fama, e que o pasado ano celebrou o seu primeiro centenario.
Nós, en Valadares, non temos "vento mareiro", ese vento suave que vén do mar. Nós somos máis de refachos e refoleos.
Por iso, cando imos facer as medicións sabemos que o resultado é imprevisible. Uns días nada, e outros parece que imos saír voando co anemómetro.
En calquera caso, de luns a venres, ao final da mañá, os alumnos de 3º de ESO estarán medindo o noso vento.
Un saúdo!!!