top of page

Cerimonia inaugural de Ventares e Zoares


Comezamooooooooos!


Porque estamos taaaan orgullosos do noso Proxecto e de todas os alumnos e profesores que o fan posible, este ano decidimos darnos unha homenaxe.


Así, coa intención de recoñecer todo o esforzo e o bo traballo realizado no Proxecto anterior, para este curso acordamos iniciar Ventares e Zoares cunha Cerimonia Inaugural digna do mellor dos certames ou competicións deportivas.


Vídeos coas fotos e imaxes de divertidos momentos xa vividos, risas (pero moitas eh!), sorpresas, fotografías e a participación de todos os presentes fixéronnos pasar dúas horas absolutamente entretidas.


Pero, sen dúbida, o mellor momento, o máis emotivo, foi o intre en que os alumnos, un por un, e logo os profesores, foron poñendo o seu nome na nosa "V" de "Ventares", como símbolo do seu firme compromiso co Proxecto.


A cambio, todos recibiron... A súa pulseira de "Ventares". É tan bonitiñaaaaa!

Deste xeito, a nosa "V" foi cambiando a súa apariencia ao longo da Cerimonia, e estará presente na entrada do noso Centro ao longo de todo o curso.

E xa para rematar, compartir con todos vós a presentación que amosamos na Cerimonia.

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

ENLACE PARA WINDOWS:

ENLACE PARA APPLE:

Ata a próxima!!






Arquivo
bottom of page